We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Saudades

by DOEN

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €7 EUR  or more

     

1.
Nerea 04:26
Sae o mar, abrindo ás Vai a fallar, susurran fadas Esa reflexión foi a indución da marcha E cala Sae bater, con pura ansia Contra as fortes ondas Que limpan a escura alma Soña coa paz quente, soña coa quente calma Poder sentir, poder fuxir, poder ser libre á fin Non quererías eso para ti Non querías eso para min Non escoito ben o que me dis Sae nadar, con ganas As ondas que lavan a ialma Soñan coa paz e a calma Para poder sentir Para ser libre ao fin Non querrías para ti
2.
Estear 05:11
Sen saber como pasou Oculto detrás do sol Non viu que comezaba Con toda a súa atención Que non quede en intención Sabe que non remata No aire, chegando Millóns de diamantes Esta limpo, esta mellor Estea e vai mollando Quizais non está tan so A vida é unha ilusión Non sabe o que pode pasar Mollar para poder ver Un pe detrás de outro pe Toca irse mollando No aire, flotando Dudas en obstinato Inspirando, expirando Estea e molla Estea dentro de nós Aínda que sexa sol Cando se sinte so Intenta muda-lo son Perde o control Ti so Saltándose o guión Soan cancións Sen ton, nin son Mollan cada rincón Estea dentro de nós Aínda que sexa sol Cando se sinte so Intenta muda-lo son Colle o timón Ter todo o control Amo e patrón O destino, o camiño
3.
Bolboreta 06:01
Espertou querendo fuxir do medo Ela ocultou profundo o seu amor e a dor Mostrou as bagoas ao sol Escoitou como rompía o seu corazón E iluminou a habitación O seu sorriso triste Amábao tanto que non veu Que era imposible o amor por el Destrozou a súa fráxil pel Por sentir algo e apenas sinteu Nunca deixou de pensar Que era posible voar Bateu as súas as, bailou o aire do seu compás
4.
Arder 04:56
Saeu ao mundo espida Contemplou todo arder Arder si E non serviu para calmar a dor. Non. Dime: - Como se apaga o sol? Ten no interior Ten a paixón Faino outra vez, faino arder. Berra. Sen condición Baixa polo corredor Sen (aparente) preocupación Todo era de cor Como imaxinar, quen podía saber O que ía facer. Comezou a arder. Que comece todo a arder Todo comezou a arder Que comece todo a arder Ela comezou a arder Que comece a arder Ela vai arder Todo vai arder
5.
Fungo 06:50
Mono que mata a mono Ti tolo por mirar So si brota o sangue É digno de observar Ti a salvo, ven atrás Que outros sufran a distancia prudencial Ver na tele, toda a dor Todo o drama, eso é o que nos pon O neno que afogou O bo home que se matou Calquera tipo de dor Porque a traxedia é Porque a traxedia é a emoción Ese é o sabor Cun ollo das a crítica Con outro estas a mirar Outra adicción, ionquis da dor Que outros morran e a salvo nós Non recoñeces, o gusto do sabor Esta fame de ver dor E a salvo sempre estamos nós
6.
Dopamina 04:00
A invasión do desexo animal, adicción a instantaneidade, Que nos mantén atados obedientemente Alimentas a mutación De ansiedade e inanición Cadelos pavlovianos tan desorientados Desesperar Pisar a ver quen brilla máis Dopamina para enganar Hora de baixarse aquí! Tempo de decidir! Usa os ollos e mira ao teu redor Apaga esta obsesión! Uns adictos a inmediatez Tan sumidos na estupidez Escravos do intanxible da inacción plausible Obediente e incapaz Distraídos do que é real Seguimos calquer brillo neste sin sentido Hora de baixarse aquí! Tempo de decidir! Abre os ollos e mira ao teu redor Apaga esta obsesión!
7.
Xeou nos seus pes Cego que foi Sen credo e sen medo. El. Xeou... Sen roupas e o inverno veu Xuntou forzas para marchar So buscaba o seu lugar (fogar) Unha vez puido ver o sol Agora pensa que o soñou Non hai ceo salvador Unha vez máis hai que volver vogar Ten que afrontar o triste final... Xeou
8.
Nena 04:36
Cruzou os seus dedos máxicos Perdeu a nación do espazo Sentiu que nunca máis sería Unha nena... E adoptou a ilusión da soidade Rachou o seu ventre branco Pensou no sorriso limpo Dunha nena... Meditou na duración da vida Afrontou os seus propios medos E aceptou que o tempo borrará Esa nena... (Elas soas) Lembrou que a noite aínda non caera Que todo ten que pasar e pasa E apertou un bico coa ilusión Dunha nena... (Todas) E soñou, e soñou con espertar E berrar, e berrar ata estoupar Revisou o seu cruel pasado Procurou vence-la bágoa Agarimou a vella faldiña Daquela nena... Espertou berros ledos no parque Xogou a ser quen non era Viviu a maxia eterna De ser nena (Todas) E soñou, que tras de si vai aquela nena Pensa que, tras de ti Vai aquela nena E soñou, e soñou con espertar E berrar, e berrar ata estoupar E soñou, tras de si vai aquela nena Pensa que, tras de ti Vai aquela nena Vai aquela nena

about

Sendo breves... Saudades é unha metamorfose, un encerro, unhas penas e moitas partes dos DOEN.

Aquí comeza o camiño cara onde queremos tirar e ser como banda. Polo de agora o obxectivo é claro, presentar o disco, crear música nova e fresca, máis dura, quizais tirar cara un estilo moito máis instrumental e con poucas estruturas tradicionais, todo isto acompañado dun xogo visual creado polo noso gran amigo Xoán Tourís.

Se o que buscades é innovación, eses somos nós.

credits

released January 6, 2022

Queremos agradecer a inestimable e desinteresada colaboración dos que tamén foron doentes neste disco:

Aos neuróticos Manuel Seixas, Santi Frutos, Xurxo Romero, aos Jinetes del Trópico Toñyto García e Xan Pérez, ao noso coro formado por Andrea Obenza, Carmen Gondar, Nuria Valcárcel, Belén Aragunde, Clara Rañó e Uxía Ocaña, a Estrela Ocaña, Giulia, Gonzalo Cabaleiro, Diego Falcón, David Dios, Xoán Tourís, David Falcón, Manolo Rodríguez, Artur Silveiro e a Nico Leal.

license

all rights reserved

tags

about

DOEN GA, Spain

contact / help

Contact DOEN

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like DOEN, you may also like: