We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

DOEN

by DOEN

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Atopou un segundo pequeno polo que fuxir na noite Dos noxentos demos e as fermosas damas que sempre o acompañaran Precisou un intre entre dous buratos para esvaecer na néboa Mentres vellos calvos e orfos nenos deixaran a princesa leda Atacou coa alma aqueles ventos que roubaban lembranzas E saldou as contas coas entrañas dos pobres que non teñen nada Ignorou os designios das benditas almas por sempre condenadas Cravando coitelos feos nas ínfimas miradas desalmadas Resolveu o enigma das bágoas deliciosas e ignoradas Mentres o seu veleno pegaba os anacos do mundo que estoupaba Fundiuse contigo nunha aperta inmensa e inesperada E o sorriso foi sen querelo unha realidade insospeitada Rematar un verso Esquecer outro Roubar un bico Perdelo todo
2.
Adeus 02:55
Busco en van as túas mans, a túa calor Tal vez foi este bico o que acabou co noso amor Vexo á xente que perdida corre tras de min Xurei non estoupar de rabia tola e perdín Os paxaros cantan alleos ao noso adeus Buscar unha ilusión no medio do non ser Xa non hai pel quente na que se perder Nin lindas noites nas que mirar o escuro ceo Amareite sempre Ata o fin Amarei a historia Na que morrín Amarei o soño Que fuxiu Amarei o teu sorriso Neste inverno gris Grazas polo tempo que pasaches xunto a min Tal vez a soidade fora o que sempre merecín
3.
Achega a calma, e se valente Oponte o inxusto e os dementes Se te ves rodeado de xente indiferente Non sigas os seus pasos, estraños e inclementes Vai por ti Loitar, deixarse a pel Nunca renderse Acende o lume, quéimate nel Tras o diploma do amencer Se quen queres ser, non quen queren ver Se quen queiras ser, non quen queiran ver
4.
Soñar cun ceo aberto, unha sutil palabra E acabar cheo de metralla Pensar en ser alguén, tal vez deixar de ser Escapar entre migallas Ollar a fame inxusta, a indigna crueldade E mirar para outro lado Dime, estarás ti? Para ver se estou alí? Mergullarme no teu ventre, unir os cabos cos dentes Resolver aquel problema Botar a andar sen fin, sentir o que é sentir Nunca máis estarás tan cerca Dime, estarás ti? Para ver se estou alí? Vivir alleo á morte, vivir alleo ao norte Rematar cun ata logo
5.
Este ser que es non ten por que calar Este cruel ameazar que nunca marchará Ese neno que camiña entre cristais Perderá, tal vez, quizais, non estará Fuxitivos seguirán os nosos ideais As estrelas mirarán outra loita máis As miradas van caendo no chan Mariñeiros sen un mar Coa bandeira do soñar Non renderse nunca, non mirar atrás Venceremos queimaremos ata as nosas mans Catro vellos mariñeiros Todos metidos nun bote Boga, boga mariñeiro Vamos sen diñeiro Para que non nos rouben Boga, boga mariñeiro Vamos sen diñeiro
6.
Arcadas removen o meu interior Bagoas anicadas nun rincón Risas esquecidas, vasos de alcohol Beirarrúas frías, esperando o sol Choros afogados Cartóns amoreados contra un portal Indiferenza de miradas ao pasar Unha vida de desditas sen final Veleno nas miñas veas para escapar Choros afogados na habitación Corre o tempo, entre berros de dor Escapar, decepción tras decepción Mirar a un espello non lembrarme de quen son Non hai esperanza ao seu lado Tan só suspiros miradas en branco Momentos de gris melancolía Lembranzas de sangue, dor e feridas
7.
Son feliz 03:22
Pensaches que era o home perfecto brillante O home sen fallo Pensaches que o sorriso era certo que o mundo era Amable Sincero Cravei o puñal da ignorancia na vosa demencia Cumprín a promesa Perdín a noción da cordura na loucura enlatada E densa Non son culpable! É o meu destino! Matei inocentes coas mesmas mans coas que como Os teus postres tan ricos Feridas vermellas coitelo disparo O teu lindo adeus Un simple cidadán que devora aos teus fillos No azul horizonte Un simple neno que non parará De cuspir sangue alleo porque así Son Feliz! Eu son feliz! Deixemos atrás a moral o ben e o mal Sexamos honestos Non me vendas o funeral do normal e anormal Non sexas perverso Quizais non mereza vivir nin un día máis Xunto a xente tan boa Quizais debería deixar de matar e pensar No día da voda Abriron as miñas entrañas Unha vez máis Pero esta vez é diferente Esta vez, non teño nada que perder Son feliz! Eu son feliz!
8.
Vaguei sen fin para encontrar Un mundo irreal Baleiro e impersoal Sentirse tan lonxe doente asocial Buscar e seguir sen descansar Crer que hai algo máis polo que pelexar Son doente asocial, psicótico, informal Un tipo introvertido e algo irracional Son fero, son normal, a calma e a ansiedade Un tipo indixestivo para estómagos normais Son frío, son metal, eternamente raro Temperamental, doce e salgado O xeo queima a pel, son un insensato Mentira ou verdade, escuro e claro Caer ao fin e rebentar Esquecerse sen máis, quixera estoupar
9.
Quédate colgado, non importa que o intentes Trata de acougar… con calma e paz! Convértete en idiota para esas persoas Que saben de moral… Algo anda mal… Quen necesita nada, mentres teñamos pasta Todo nos dá igual… Tristura real! Non te fíes dos anxos, no fondo teñen medo Non saben voar, non poden voar Volve a respirar Estás intoxicado E o mundo non esperará Rebelde e perdido na causa dos infames Náufrago dun mar de demencia e sal Cóntame os segredos de como esqueciches O que importa máis es real? Volvo a respirar Aire intoxicado E o mundo non esperará Esquecendo todo empeza a camiñar Nesta terra dura, anestesiada… Volve a respirar, comeza a espertar Espertar sen frío!
10.
Estou onde ninguén pode ver Non fales, non me digas nada Podo sangrar se quero sangrar Poderei sentir, cando deixe de escapar Quero aprender a rir outra vez Neste baleiro Todo o que es, xa non sei Sentado na escuridade, non o podo esquecer Quedou atrás, xa non pode ser Nunca estás listo para perder Reducir todo a un so ser Canta a coro sen haber ninguén Unha vez máis, non estiven a altura Loito contra a noite dos soños truncados Traballando afastando infernos O noso sorriso común, foi un alento Quero aprender a rir outra vez Fora deste soño Arrincándote, non quero perder O mundo é raro, e nós tamén

about

Matías Leiro: Guitarra e voz
Víctor Karallada: Guitarra e coros
Artur Silveiro: Teclados e coros
Borja Torrado: Baixo e coros
Nico Leal: Batería

credits

released April 2, 2017

Sería imposible que existise este disco sen a inestimable e desinteresada colaboración de amig@s e persoas tan queridas para nos como:

Andrés López, Begoña Pintos, Carmelo Abollo, David Dios, Diana Rey, Fran Herbello, Fran Santórum, Iria Rey, Jose “Suspen”, Julián García, Manuel R. Serantes, Manuel Seixas, Mariela Cores, Marité Vidal, Nolo Chazo, Santi Frutos, Tante Outeda e Xurxo Romero.

Por iso dende aquí esta pequena lembranza, e o noso eterno agradecemento.

In memorian

Ali Torrado

license

all rights reserved

tags

about

DOEN GA, Spain

contact / help

Contact DOEN

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like DOEN, you may also like: